Actividades socioculturais online

Actividades socioculturais online

abril 13, 2020 0 Por Admin

Desde a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña puxeron a disposición da cidadanía, en modalidade en liña, o Programa de Actividades Socioculturais da Rede de Centros Cívicos.

As e os monitores que imparten as distintas actividades na Rede de Centros Cívicos gravaron unha serie de vídeos que dan continuidade aos contidos traballados nas súas clases e que están subidos á canle de YouTube denominado Coruña Acompaña.

Tipos de actividades do canle:

  • Actividade física.
  • Actividades de expresión plástica.
  • Actividades de expresión corporal.
  • Novas tecnoloxías.
  • Estimulación cognitiva.

Podes encontrar toda a información nesta ligazón.