Concurso Ouvea o Lobo

Concurso Ouvea o Lobo

abril 6, 2020 Desactivado Por Admin

O concurso Ouvea o lobo en Aulas Galegas é unha iniciativa altruísta de artistas e promotores culturais galegos para promocionar a escritura e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero.

Colaboran nesta iniciativa a Fundación Luis Seoane o Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), e o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica tres entidades intimamente ligadas ao panorama cultural galego.

A partir de imaxes/ viñetas e sons  de Lino Braxe e Santy Gutérrez, convídase á rapazada galega a desenvolver a súa creatividade na escrita. Os traballos seleccionados serán premiados cun lote de libros  e sonorizados para ser presentados no  FIOT 2020.

Podedes consultar aquí toda a información: Ouvea o Lobo