O IES Afonso X O Sabio lanza un reto ao alumnado para que aprenda a canción Tusa, de Karol G, e poida tocala nas súas ventás e balcóns

O IES Afonso X O Sabio lanza un reto ao alumnado para que aprenda a canción Tusa, de Karol G, e poida tocala nas súas ventás e balcóns

abril 3, 2020 Desactivado Por Admin

O confinamento está a sacar o lado máis creativo e enxeñoso dos veciños e veciñas do Concello de Cambre. Estes días están a xurdir unha infinidade de iniciativas cun claro obxectivo: facer que estas semanas de illamento sexan máis levadeiras.

Unha das propostas máis orixinais chega, directamente, desde o IES Afonso X O Sabio. A vicedirectora e profesora de Música do instituto, Beatriz Alonso, contactou con todos os alumnos e alumnas do centro para propoñerlles un novo reto: aprender a tocar a canción Tusa, de Karol G, para interpretala, o 2 de abril ás 13.00 horas, desde as súas xanelas e balcóns.

Co obxectivo de que os mozos poidan aprenderse os acordes da canción á perfección, a docente enviou un titorial de Youtube aos mozos.

Podes consultar toda a información nesta ligazón.