Olor e Sabor

Olor e Sabor

abril 28, 2020 Desactivado Por Admin

Olor  e Sabor é a marca coa que Begoña vende os produtos da súa horta sostible. É de recente creación (2015), pero con ampla experiencia na agricultura, xa que seus avós tiñan unha explotación que máis tarde pasou para súa nai, e que agora continúa ela.

Gústalle que a xente que compra os seus produtos poida saber de onde veñen e velos medrar. Ademais consegue novas variedades intercambiando sementes con outros produtores ou comprándoas a empresas que coidan o que producen.

Na súa páxina de Facebook (www.facebook.com/olorysaboragricultura) é onde se pode atopar toda a información desde o principio do cultivo ata o final.

A súa canle de venta é a venta directa maioritariamente, fai cestas que o cliente pode recoller directamente na explotación ou recibilas a domicilio entregadas directamente por Begoña. Tamén se poden encontrar os seus produtos na Coruña, en “La Tienda de Lino Delicatessen” (C/Novoa Santos 36-38).

Produce verduras e froitas de temporada (sobre todo tomates e pementos), nunha parcela de 6.500me 250m2 de superficie de invernadoiros.

En primavera sempre hai fresas e verduras de folla, os primeiros tomates e algún pemento, brocoli, chícharos e tirabeques.

En verán ten sobre todo, pementos de moitas variedades e tamén autóctonos como os de Padrón e Oímbra, tomates de máis de 60 variedades, berenxenas, xudías, froitos do bosque, etc.

En outono aínda hai pementos e tomates, e chegan a cabazas e as primeiras verduras de folla. Finalmente no inverno hai repolo, coliflor, brécol, fabas verdes, guisantes e tirabeques e non podían faltar as nabizas e os grelos.

e Sabor é a marca coa que Begoña vende os produtos da súa horta sostible. É de recente creación (2015), pero con ampla experiencia na agricultura, xa que seus avós tiñan unha explotación que máis tarde pasou para súa nai, e que agora continúa ela.

Gústalle que a xente que compra os seus produtos poida saber de onde veñen e velos medrar. Ademais consegue novas variedades intercambiando sementes con outros produtores ou comprándoas a empresas que coidan o que producen.

Na súa páxina de Facebook (www.facebook.com/olorysaboragricultura) é onde se pode atopar toda a información desde o principio do cultivo ata o final.

A súa canle de venta é a venta directa maioritariamente, fai cestas que o cliente pode recoller directamente na explotación ou recibilas a domicilio entregadas directamente por Begoña. Tamén se poden encontrar os seus produtos na Coruña, en “La Tienda de Lino Delicatessen” (C/Novoa Santos 36-38).

Produce verduras e froitas de temporada (sobre todo tomates e pementos), nunha parcela de 6.500me 250m2 de superficie de invernadoiros.

En primavera sempre hai fresas e verduras de folla, os primeiros tomates e algún pemento, brocoli, chícharos e tirabeques.

En verán ten sobre todo, pementos de moitas variedades e tamén autóctonos como os de Padrón e Oímbra, tomates de máis de 60 variedades, berenxenas, xudías, froitos do bosque, etc.

En outono aínda hai pementos e tomates, e chegan a cabazas e as primeiras verduras de folla. Finalmente no inverno hai repolo, coliflor, brécol, fabas verdes, guisantes e tirabeques e non podían faltar as nabizas e os grelos.

Olor e Sabor

  • Persoa de contacto: Begoña Sara Pena Cacheiro
  • Teléfono: 652270668
  • Enderezo electrónico: alimento.vivo@hotmail.com

Enlace páxina Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.