Orballo

Orballo

abril 28, 2020 Desactivado Por Admin

Orballo xurde no ano 2012, como un proxecto de innovación social no ámbito rural galego, co obxectivo de producir plantas aromáticas en ecolóxico para a venda en formato deshidratado e de forma paralela, contribuír a reforestación dos montes a través de plantas autóctonas como castaños, nogueiras e abeleiras.

Esta empresa ,situada no concello de Paderne, estendeu a súa produción nos últimos anos cara ecoarroces a carta e infusións, das que sae o seu produto máis destacado, o único té certificado en ecolóxico de toda Europa.

Actualmente dispoñen de 11 traballadores e  de unhas 2,5 ha de cultivo o aire libre nas que resalta o cultivo de plantas aromáticas como o tomiño, romeiro, loureiro, manzanilla doce e por suposto o té.

A súa produción esta dirixida a pequenas tendas especializadas, a grandes cadeas de distribución entre as que destacan “El corte ingles” ou “Eroski” e incluso empeza a exportar a outros países como México e Alemaña.

Teñen pensado seguir medrando, sempre apostando polo produto local e de proximidade, xerando valor para o rural e ecolóxico cunha imaxe e deseño modernos.

No 2012, como resultado do interese por preservar a natureza, o rural e unha alimentación saudable, nace Orballo. Esta empresa de produción e envasado de plantas aromáticas, infusións e ecoarroces a carta, situada no concello de Paderne

ORBALLO

  • Persoa de contacto: Gerardo Lagares Abeal
  • Teléfono: 981 072 708 
  • Correo electrónico: info@orballo.eu
  • Páxina web: www.orballo.eu

Enlace páxina Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.